Coñece a Tanxu, o lince Ibérico que amadriñaron as Tanxugueiras

Tanxu, o lince de que son madriñas as Tanxugueiras (Foto: Antonio Liébana / WWF).
Fondo Mundial para a Natureza (WWF pola súas siglas en inglés), anunciou o nacemento de seis novos exemplares de lince Ibérico no Estado español.

Esta segunda feira foi o Día do Lince Ibérico, unha data en que se busca concienciar sobre esta especie de mamífero que se encontra en perigo de extinción.

En conmemoración desta data, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF pola súas siglas en inglés), anunciou o nacemento de seis novos exemplares da especie no Estado español.

A propia WWF decidiu que tres destes linces fosen apadriñados.

Un deses linces, Tanxu, xa ten madriñas: as Tanxugueiras

Desde a súa conta na rede social Twitter, as propias Tanxugueiras anunciaron que "estamos moi moi felices porque en WWf déronnos a oportunidade de ser madriñas dunha bebé que se chama Tanxu".

Perigo de extinción

Grupos ecoloxistas denunciaron que o lince Ibérico podería desaparecer de non se tomar medidas de conservación do medio ambiente.

Trátase dun animal que xa desde 1966 está clasificado como en perigo de extinción, xa que pasou de ocupar gran parte do centro e sur da Península Ibérica a ocupar soamente zonas restrinxidas.