O Concello de Arzúa e a Once sacan á luz un cupón conmemorativo da Festa do Queixo

Presentación do cupón da Once expecial para a feira do queixo de Arzúa (Foto: Nós Diario).
Desde o consistorio manifestan que é a primeira vez que se fai esta colaboración, que foi solicitada por parte do Concello cun ano de antelación.

O Concello de Arzúa vén de colaborar coa Once para sacar á luz un cupón conmemorativo da Festa do Queixo da localidade arzuá.

Desde o consistorio manifestan que é a primeira vez que se fai esta colaboración, que foi solicitada por parte do Concello cun ano de antelación.

José Antonio Riveiro Canosa, director da Once en Santiago de Compostela, fixo entrega a José Luís García o alcalde de Arzúa do cadro co cupón enmarcado co número 00000.

 Os protagonistas destacaron que se fixo unha tirada de máis 5 millóns de cupóns para toda o Estado, para o sorteo que decorrerá esta quinta feira día 2 ás 21 horas.

O premio á persoa gañadoras será de 35.000 euros ao número e 500.000 ao número e á serie.