A hostalaría fechará ás 18:00, reunións de non conviventes de 4 persoas máximo e limitacións á mobilidade

Axentes nun control de mobilidade nos accesos a Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
O comité clínico endurece as medidas e propón que toda Galiza fique comprendida nos dous niveis máis altos de restricións.

O Comité Clínico propón que toda Galiza fique comprendida nos dous niveis máis altos de restricións: máximo e medio-alto. Isto supón que a hostalaría terá que fechar ás 18:00 horas en toda Galiza e que as xuntanzas de persoas non conviventes non poderá ser de máis de 4.

Na hostalaría, e segundo o nivel sexa máximo ou medio-alto (esta cuarta feira comparece Feixoo para explicar polo miúdo as medidas adoptadas) será de 50% en terrazas ou de 30% en interior e 50% en terrazas.

Con todo, as medidas comúns ao nivel máximo de restricións e ao medio alto implican limitacións á mobilidade dos cidadáns agás por causas laborais, sanitarias ou para coidar a maiores ou menores. A Xunta deberá aclarar hoxe como se concretan eses peches perimetrais en cada caso, se por concellos illados ou por améndoas.

A este comité chegouse despois de días de constante aumento de casos activos, contaxios e da suba da presión hospitalaria. O propio Núñez Feixoo anunciara horas antes que viñan avanza medidas "máis restritivas" ante unha terceira onda que será "igual ou superior" á de novembro.

Ante o preocupante aumento de casos de coronavirus, o presidente da Xunta recoñeceu que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal. As medidas para esas datas foron fixadas polo Goberno que el mesmo preside.

Os dados non convidan ao optimismo sobre a evolución da pandemia na Galiza. O número de casos activos camiña cara aos 9.000. Son actualmente 8.810, o que supón 560 máis dos rexistrados na xornada de onte. A maior suba dede outubro.

Tamén aumentan os contaxios. Nas últimas 24 horas houbo 719 infeccións confirmadas por PCR, unha cifra superior en case cen casos á que se rexistrara esta segunda feira.