Feixoo: "Por suposto que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal"

O presidente da Xunta avanza que veñen semanas moi duras que obrigarán a novas restricións.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, ante os medios ao remate do Consello da Xunta (Foto: Arxina)
photo_camera O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo (Foto: Arxina)

O presidente da Xunta recoñeceu que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal. Xuntanzas que autorizou o seu propio Goberno.

Afirmouno Núñez Feixoo nunha entrevista na Cadena Ser, na que tamén anunciou que se aveciñan semanas moi duras e que, probabelmente, haxa que adoptar novas restricións. 

Nese sentido, esta terza feira reúnese o comité clínico e o Goberno galego xa indicou que esas restricións poderían afectar de novo ao sector hostaleiro. Un sector que se sinte agraviado polas medidas do Executivo e que lamenta a falla de axudas reais.

Ante o preocupante aumento de casos de coronavirus, o presidente da Xunta recoñeceu que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal. Defendeu, iso si, que o plan deseñouse tendo en conta os datos, mellores, lembra,na Galiza que no resto do Estado.

Feixoo tamén advertiu de que as próximas semanas serán decisivas para conter a terceira onda da Covid. O presidente galego confía, ademais, en que a finais de xaneiro a situación comece a mellorar.

De momento, dixo, a Xunta non é partidaria dun confinamento xeral da poboación e desbota, por tanto, solicitar ao Goberno esa medida.

Comentarios