Novas medidas, con peche perimetral, en 6 concellos e alivio das restricións noutros 6

Control de mobilidade na contorna de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

O Comité sanitario endurece as medidas en Ribadumia, Meaño, Meis, Cee, Dumbría e Muxía. Tamén acorda propoñer que pasen de Nivel 3 a Nivel 2 de alerta os concellos de Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao

O comité sanitario decidiu propoñer que se relaxen as restricións establecidas en seis concellos, que pasarán do nivel 3 de alerta no que se atopaban a nivel 2. Mais, tamén, acordou propoñer o endurecemento das medidas noutros seis municipios

Vedra e O Pino na área sanitaria de Santiago. Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao pasan a Nivel 2, o que supón que algunhas das restricións que rexñian neles van ser levantadas.

Pola contra, e tal e como anunciou o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, vaise pedir un "esforo adicional" noutros seis municipios, que entran en Nivel 3 e no que se endurecerán as medidas restritivas, aplicándose o peche perimetral: son Dumbría, Cee e Muxía, na zona de Fisterra; e Ribadumia, Meis e Meaño na comarca do Salnés. Estes concellos entran no 'modelo Carballiño', con novas restricións en sectores como o da hostelaría. 

O conselleiro tamén indicou que entre os concellos de "especial seguimento" continúan Sarria e Chantada, "que rexistran unha boa evolución", e pasdan a estar A Rúa, Petín, Ordes e Ribeira

Principais cidades

A respecto das principais cidades galegas, García Comesaña cualificou como "moi boa" a evolución da pandemia en Ourense e Santiago, mais nesta sexta feira non se adoptou medida de relaxación de restricións. so si, sinalou que de seguir esta evolución, en vindeiras avaliacións si que poderían adoptarse. Tamén incidiu na boa evolución de Vigo e Lugo. Como exemplo contrario situou Pontevedra, onde a evolución non é boa. 

A directora  xeral de  Saúde Pública detallou na súa intervención a situación das diferentes áreas. Carmen Durán explicou que a situación na Galiza ten unha tendencia descendente. Algo que o propio conselleiro sinalou no inicio da súa intervención, resumindo a situación epidemeolóxica galega como "positiva e á baixa".

'Desconfinamento' diferenciado rural / cidade

O conselleiro avanzou que a principios da vindiera semana volverase reunir o comité sanitarioo e, riba da mesa, estará un documento para a  desconfinamento na que está previsto que, ademais,se incorporen parte das propostas que o sector da hostalería realizou á Xunta.

Deste modo, trataríase de facer unhas medidas intermedias e que se aplicarán por unha banda ás zonas urbanas e, por outra, ás rurais, poñendo o baremo nos 10.000 habitantes.

Na vindeira segunda feira haberá unha reunión co sector da hostalería para terminar de pulir as medidas propostas e o martes está previsto elevar o documento ao comité clínico.