Unha decisión que conta co aval dunha consulta cidadá apenas publicitada

A Comisión Europea pon punto final á mudanza horaria na UE

Sede da Comisión Europea en Bruxelas

Acaba de o anunciar o presidente da Comisión, Jean Claude Juncker.

Final da historia do horario de verán e do inverno. Así o resolveu a Comisión Europea, segundo informou esta sexta feira Jean Claude Juncker.

 

O órgao executivo da UE toma esta decisión após abrir unha consulta telemática —da que apenas se informou no estado español— no espazo da UE, cunha participación estimada de 5 millóns de persoas. Aínda que os resultados non foron revelados oficialmente, a imprensa alemá  informa de que a grande maioría —por volta de 80 por cento— posicionouse a prol da supresión da mudanza horaria.

 

O asunto é francamente unha preocupación xermana: dous de cada tres participantes na consulta pertencen á República Federal Alemá. Juncker afirmou esta sexta feira: "A xente quer que se faga, así que o faremos". Non existen aínda datos contrastados sobre a participación cidadá por países.

 

A decisión da Comisión Europea ten de ser agora referendada polo Parlamento europeu e polo Consello de Europa. Unha vez que se acorde a supresión do cambio de hora, a CE terá de determinar se se adopta o horario de verán ou o do inverno.

 

Saúde

 

Os efectos nocivos sobre a saúde dos cambios horaios  foi unhadas preocupacións valoradas pola Comisión europea á hora de adoptar esta decisión.

 

NOTICIA EN AMPLIACIÓN.