Comezaron as concentracións unitarias de agosto contra a política económica do PP

Concentración dos sindicatos diante Delegación da Xunta en Vigo
CIG, CCOO e UGT acordaron mobilizarse o 3, 10, 24 e 31 de agosto en varias cidades galegas. A mobilización de hoxe reuniu a centos de persoas.

Coincidindo coa celebración do consello de ministr@s, as principais cidades galegas viviron hoxe unha mañá de concentracións convocadas polas centrais sindicais CIG, CCOO e UGT. As medidas que adoptou o goberno español e o o goberno galego nos últimos meses, como reformas laborais, diminución das pensións, conxelacións salariais, incrementos de taxas nos servizos públicos e a entrega de miles de millóns de euros aos bancos, recuperaron a unidade sindical nunha situación que todas cualifican de auténtico "saqueo".

As forzas sindicais fan un chamada á mobilización tamén para as vindeiras protestas que se realizarán coincidindo cos consellos de ministr@s os días 10, 24 e 31 de agosto, na Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. No mes de setembro xa teñen previsto continuar coas mobilizacións.

                              Hora                     Lugar

A Coruña                12:00                     Delegación do goberno

Ferrol                     12:30                      Edificio da Xunta

Compostela            12:00                      Praza de Galiza

Lugo                      12:00                      Subdelegación do goberno

Ourense                 12:00                      Subdelegación do goberno

Vigo                       11:00                      Edificio da Xunta