Concentracións na administración pública contra os recortes de Rajoy

Concentración contra os recortes de Rajoy en Lugo
Protestas nas cidades galegas con asembleas e concentracións en todo o país en resposta ao anuncio do goberno español de recortar dereitos d@s traballador@s deste sector.

A resposta de funcionarias e funcionarios da administración pública galega foi inmediata. Ao longo de toda a mañá celebráronse concentracións en varias cidades galegas en protesta polos recortes anunciados onte polo presidente do goberno español, Mariano Rajoy.

En Compostela foi na explanada da cafetería de San Caetano, en Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo realizáronse diante do Edificios Administrativos correspondentes. A partir das 14:00 horas haberá unha asemblea na Dirección Provincial SERGAS.

Imaxes: @PabloNunezGlez