Mes de concentracións do sector público contra os recortes

Protesta de profesorado
Unidade sindical diante do que consideran "gravísimos ataques contra os empregados e empregadas públicos/as"

As organizacións sindicais CIG-Área Pública, UGT, CCOO, CSI-F, USO, CGT, SAE, CESM e STAJ, decidiron hoxe, despois dunha reunión celebrada pola mañá, e despois do que consideran "gravísimos ataques contra os empregados e empregadas públicos/as e a involución social anunciados onte polo PP", acordaron levar a cabo as mobilizacións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza. O profesorado, na medida en que non hai clase, convocouse diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades.

As concentracións serán o 13, 19 e 16 de xullo de 11 a 12 horas. O día 30 de xullo haberá manifestacións comarcais e unha reunión das organizacións sindicais para valorar as mobilizacións e estudar a súa continuación.