O clima galego 'pasa por auga' o lecer de Juan Carlos de Borbón

O emérito esta sexta feira en Sanxenxo (Foto: José Ramón Hernando / Europa Press).
Tras baixar do barco, o emérito saíu directamente para a casa de Pedro Campos, onde se aloxa durante a súa estancia no municipio da comarca do Salnés.

O Bribón 500, capitaneado por Juan Carlos I, volveu ao porto deportivo de Sanxenxo tras pouco máis dunha hora navegando. O empeoramento das condicións meteorolóxicas (especialmente a choiva), previsto para as 14 horas, adiantouse e provocou que ao redor das 12.15 horas a embarcación amarrase no peirao.

De feito, os medios gráficos captaron como membros da tripulación abrigaban o ex monarca cando a choiva aumentaba.

Tras baixar do barco, o emérito saíu directamente para a casa de Pedro Campos, onde se aloxa durante a súa estancia no municipio da comarca do Salnés.

Esta é a segunda xornada na cal o emérito se sobe á súa embarcación, tras facelo esta quinta feira pola mañá e navegar algo máis de dúas horas e media.

Así mesmo, prevese que participe nas regatas da Copa de vela que levarán a cabo esta fin de semana, aínda que as previsións meteorolóxicas non dan ningunha melloría.

Quere ficar o emérito?

Tal e como informou este xornal esta sexta feira a contorna de Juan Carlos de Borbón filtrou a diferentes medios de comunicación a intención deste de pasar diversas tempadas os próximos meses na Galiza.

A este respecto, o xornal El País sinalou que o obxectivo do emérito pasaba por estar presente en Sanxenxo durante as fins de semana de 19 a 21 de maio, de 9 a 11 de xuño e de 7 a 9 de xullo.