CIG Ensino insta Educación a cubrir as baixas durante o período de alerta

CIG-Ensino remite un escrito á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos instando a que as baixas que se produzan durante o período de alerta sexan substituídas e, polo tanto, se fagan os oportunos nomeamentos.

Estas substitucións, explica o sindicato maoritario no ensino público, son necesarias xa que o profesorado está realizando tarefas no seus fogares para que o alumnado poida seguir formándose de forma telemática, e a propia inspección está solicitando informes deste traballo. 

“Entendemos que a Consellaría debe atender as solicitudes de substitucións que cheguen desde as direccións, xa que estas son as que coñecen as necesidades de cada equipo docente”.