Despois do asasinato da Coruña

Centos de persoas saen ás rúas galegas contra a violencia machista

Concentración contra a violencia machista a pasada sexta feira en Vigo. Foto: @feminismogaliza

Centos de persoas, convocadas polo feminismo o galego, saíron onte ás rúas para amosar o seu frontal rexeitamento á violencia machista.
 

A pasada cuarta feira un home de 54 anos asasinou a súa parella, unha muller de 57, na rúa Estrela da Coruña. Entregouse á Policía Nacional e o xuíz do Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña vén de ditar prisión sen fianza.

 

O feminismo galego reaxiu chamando a manifestacións e concentracións nas prazas das principais cidades a pasada sexta feira ás oito do serán. Centos de persoas responderon tomando as rúas “contra as violencias machistas” e esixindo “nin unha menos”.