Convoca concentracións esta sexta feira co lema "Degolar non é asistir, é asasinar"

O feminismo reacciona fronte ao novo crime machista

Mobilización feminista

Convoca a Marcha Mundial das Mulleres en 11 localidades do país.

O novo crime machista perpetrado na Galiza —esta cuarta feira un home de 54 anos degolou a súa parella de 75 na Coruña— vai ser respondido nas rúas do país esta sexta feira, cunha convocatoria múltiple da Marcha Mundial das Mulleres.

 

Hora e lugar das concentracións:

 

A Coruña, 20 horas no Obelisco.

Compostela, 20 horas na Praza 8 Marzo.

Ferrol, 20 horas diante do concello.

Betanzos, 20 horas diante do concello.

As Pontes, 20 horas Praza do Hospital.

Ponteareas, 21.30 horas diante dos xulgados.

Ourense, 20 horas na Castañeira (Subdelegación).

Lugo, 20 horas diante do concello.

Pontevedra, 20 horas diante da Audiencia Provincial.

Vigo, 20 horas no Marco.

Viveiro, 20 horas na Praza de Fontenova.

Ribadeo, 20.30 horas na Parza 8 de Marzo.

 

A convocatoria faise co lema "Degolar non é asistir, é asasinar", unha clara alusión ao feito de que este crime machista en ningún caso podía ter sido visto como un suicidio asistido da muller —aqueixada dunha grave enfermidade por parte do home.