Centos de persoas protestan na Coruña contra o despexo da Insumisa

Manifestación en defensa da Insumisa, este sábado na Coruña. Foto: cedida.

Unha pancarta coa mensaxe “En defensa dos espazos liberados. A Insumisa resiste” abriu o paso á manifestación que este sábado percorreu as rúas da Coruña para protestar contra o despexo do centro social okupado A Insumisa.
 

O percorrido da marcha iniciouse no Obelisco contra as oito do serán. A presenza policial -furgonetas de axentes antidisturbios da Policía Nacional- foi moi elevada. A protesta rematou no campo da leña.

 

De fondo, o desaloxo da antiga nave militar okupada ordenado polo concello a pasada semana que vén de provocar un sonoro desencontro entre a Marea Atlántica -que sostén o Goberno local- e boa parte dos movementos sociais críticos da cidade.