Solidariedade dos centros sociais de Galiza coa Insumisa e crítica á “represión”

Concentracións na tarde desta quinta feira en Compostela, Lugo e Vigo.

Desde Vigo, Compostela, Ourense, Ferrol ou da propia Coruña. Os centros sociais amosaron nestas horas a través das redes sociais a súa solidariedade co CSOA A Insumisa e o seu rexeitamento frontal ao que cualifican de “represión” no desaloxo deste espazo autoxestionario coruñés.

 

“Solidariedade co CSO A Insumisa neste "día escuro" en que a Marea Atlántica desaloxou a hostias este proxecto autoxestionado, que encheu de vida e de compromiso político unhas naves abandonadas, abríndoas para toda a xente e restaurándoas a base de horas e horas de traballo desinteresado”, escriben desde o entro social autoxestionado de Sar (Compostela). Tamén desde a capital galega, A Gentalha do Pichel mostrou a súa solidariedade coa Insumisa e denunciou o despexo. ’10, 100, 1000 centros sociais’, reivindicaron, no que é recuperar o lema que se estendeu na defensa do CSOA compostelán Escarnio e Maldicer cando o despexaron.

 

Un lema que é partillado agora nas redes por diferentes centros sociais do país. Desde Artábria, en Ferrol, onde mostran a súa solidariedade contra a “brutal carga da Policía Municipal da Marea Atlántica” até A Revolta e Faísca ou A Quinta da Carminha en Vigo, pasando pola Galleira de Ourense, entre outros.

 

Para esta tarde, 24 de maio, ai convocadas ás 20:00 concentracións de solidariedade coa Insumisa en Compostela (Praza 8 de marzo) Lugo (Ronda da Mauralla) e Vigo (Marco).