Centos de estudantes maniféstanse contra a sentencia da Manada

Manifestación de estudantes na Coruña esta quinta feira. Foto: Radio Coruña.

Centos de estudantes tomaron esta quinta feira as rúas en protesta pola sentencia que condena a Manada por “abuso sexual”. Segundo o portavoz do Sindicato de Estudantes, organización convocante da folga, “cómpre maiores penas para os procesados”.
 

O Sindicato de Estudantes asegura que o 85% do alumnado de secundaria se adheriu ao paro. En Ferrol, A Coruña, Ourense e Vigo houbo concentracións. Na da Coruña, medio milleiro de persoas manifestáronse no Obelisco coa pancarta “Non é abuso, é violencia. Nós crémoste”.

 

O voceiro da organización estudantil Fran Fernández demandou “mudanzas lexislativas”, e criticou a “escasa presenza de mulleres” na comisión do Congreso que revisará os delitos de abuso e agresión sexuais no código penal.