'Coñecer' achega Alexandre Cribeiro, delegado de TVE destituído por transmitir o retorno dos restos de Castelao

Este sábado 31 de outubro, o suplemento 'Coñecer', con 'Nós Diario'
O novo número do suplemento Coñecer, que atoparás este sábado 31 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, rescata a figura de Alexandre Cribeiro, destituído como delegado de TVE na Galiza por transmitir na canle pública o retorno dos restos de Castelao. A folga nas minas de Freixo na Ribeira Sacra da II República ou Os Ultreyas e a misión permanente do galeguismo son outros dos contidos que atoparás.

Este sábado no quiosque, Nós Diario trae un novo número do semanario Sermos Galiza e tamén do caderno Coñecer, no que Susana Trigo rescata a figura de Alexandre Cribeiro, destituído como delegado de TVE na Galiza por transmitir na canle pública o retorno dos restos de Daniel Afonso Rodríguez Castelao.

Eliseo Fernández Fernández escribe neste novo número de Coñecer sobre a folga nas minas de Freixo, un imprescindíbel “capítulo da loita obreira na Ribeira Sacra durante a II República”. Silvia Fiallega Lorenzo fala do patrimonio en man común e da necesidade de conservalo, mentres que o poeta Lois Diéguez trae o O ouro de Montefurado a este Coñecer.

Os Ultreyas e a misión permanente do galeguismo é o artigo co que o profesor Xosé L. Pastoriza Rozas colabora neste número, e A mítica Proentia é o título do texto da ex deputada Paula Verao. Ademais a xornalista Montse Fajardo achega Alejandra, A memoria resistente da viúva de José Mejuto.

 

Atoparás este caderno no teu quiosque habitual acompañando 'Nós Diario' este sábado 31 de outubro. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón.