'Coñecer' achega Alexandre Cribeiro, delegado de TVE destituído por transmitir o retorno dos restos de Castelao

O novo número do suplemento Coñecer, que atoparás este sábado 31 de outubro nos quiosques xunto con Nós Diario, rescata a figura de Alexandre Cribeiro, destituído como delegado de TVE na Galiza por transmitir na canle pública o retorno dos restos de Castelao. A folga nas minas de Freixo na Ribeira Sacra da II República ou Os Ultreyas e a misión permanente do galeguismo son outros dos contidos que atoparás.
Este sábado 31 de outubro, o suplemento 'Coñecer', con 'Nós Diario'
photo_camera Este sábado 31 de outubro, o suplemento 'Coñecer', con 'Nós Diario'
Comentarios