Buscan unha muller desaparecida desde o día 14 no Carballiño

Fotografía de María Ángeles Millara Moa. (Foto: SOS Desaparecidos)

A Asociación SOS Desaparecidos tamén alertou da desaparición dunha menor de 15 anos en Ferrol

A Asociación SOS Desaparecidos alertou da desaparición dunha muller no Carballiño (comarca homónima) e que falta do seu domicilio desde o pasado 14 de xaneiro, segundo informa.

Trátase de María Ángeles Millara Moa, de 55 anos e 1,65 metros de estatura e complexión normal. Ten, de acordo cos datos achegados, pelo canoso e longo e ollos verdes.

Desapareceu na zona do río Arenteiro, precisan desde a organización, que facilita ademais dous números de teléfono: o 649 952 957 e o 644 712 806. Tamén o mail info@sosdesaparecidos.es en caso de ter algún dato.

Menor desaparecida en Ferrol

Ademais, unha menor de 15 anos, Thais Fernández Rivera, está desaparecida en Ferrol desde a pasada quinta feira, 25 de xaneiro. A adolescente mide 1,5 metros de altura, é de complexión delgada e ten o cabelo negro e longo, especifica na información facilitada aos medios.

Tamén se pode contactar con efectivos policiais para achegar información que poida axudar a dar co paradoiro destas persoas.