Os Bonos Turismo da Xunta esgótanse en menos de 10 minutos

Unha maleta nun aeroporto (Foto: Nós Diario)
O Goberno galego dispoñibilizou un total de 10.000 bonos por valor de 100 euros cada un e, as persoas que puideron facerse con un, terán até o 25 de decembro para gastalo.

A Xunta da Galiza puxo abriu esta sexta feira as solicitudes para bonos turísticos. Uns bonos que, segundo indicou o Executivo galego, permitirían ter descontos durante o outono en aloxamentos a axencias de viaxe.

Desde o momento de apertura das solicitudes, ás 9 da mañá, os bonos tardaron menos de 10 minutos en se esgotaren.

“Esgotouse o orzamento destinado aos bonos turismo” pode lerse na páxina da Xunta e n aplicación para dispositivos móbiles.

10.000 bonos

O Goberno galego dispoñibilizou un total de 10.000 bonos por valor de 100 euros cada un e, as persoas que puideron facerse con un, terán até o 25 de decembro para gastalo.

Puido ser solicitado por persoas residentes no país maiores de idade.

Até o de agora hai un número de estabelecementos adheridos ao programa, mais ese número pode aumentar até o 1 de decembro, data máxima de prazo que a Xunta deu para participar no programa.