Bombeiros forestais denuncian un proceso selectivo “torpe, miope e improvisado”
Exixen unha “oposición digna e xusta”.
Bombeiros Forestais da Galiza membros do SPIF (Servizo de Prevención de Incendios Forestais) informan da súa “fonda preocupación e malestar, ante o torpeza, miopía e o improvisado do proceso selectivo fixado para o mes de decembro”.
A través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, este colectivo di que malia que leva xa semanas, circulando un borrador da (Dirección Xeral de Función Pública), só houbo unha primeira reunión cos sindicatos “e aínda é preciso que haxa outra, no que se prevé o acordo da publicación das bases para o próximo mes de setembro. Apenas 3 meses para poder preparalo en condicións”.
Un proceso selectivo, afirman, que afecta directamente máis de 300 traballadores fixos-discontinuos do SPIF. “Setembro no peor da seca estival, no período habitual de máis alto perigo e risco de incendios forestais, cando o Servizo debe estar en alerta máxima, pretendese oficializar e comunicar aos Bombeiros Forestais un proceso selectivo no que ou sacan a praza ou se quedan fóra”.
Por iso convidan a unha reflexión á cidadanía: “Como é posíbel que aínda nestes momentos non coñezamos o temario a preparar, nin a precisión exacta en prazos?”.
Afirman que o groso destes bombeiros forestais traballaron “en durísimas campañas no que vai de século: 2005, 2006, 2013, 2016, 2017 e 2022. Primeiro en pésimas condicións contractuais pola propia Xunta da Galiza ou as empresas da precariedade extrema nos incendios, coma Tragsa ou Seaga. As boas condicións xeradas por anos de loita, reivindicación e sufrimento, consideramos, temos dereito a consolidalas”.
Desde 2019, e logo do “apocalíptico” 2017, ampliouse o gasto (“con fondos propios da Xunta e moitos chegados da UE”), medraron os meses de contratación, melloráronse os medios técnicos, equipas e a formación no Servizo substancialmente. Como consecuencia, “o corpo humano do SPIF mellorou en eficacia no combate dos incendios forestais por ser ademais profundos coñecedores do territorio, familiarizados cos medios, experimentados coas ferramentas e adaptados nas últimas tecnoloxías no combate dos incendios forestais. Non se pode depreciar e perder nada deste potencial capital humano”.
Tamén manifestan que a ausencia dunhas merecidas garantías para un proceso”que estes traballadores xustamente gañaron pondo en risco as súas vidas, vese frustrado con este disparatado proceso selectivo”.
Non ter recoñecido coma mérito preferente, a dilatada e experimentada traxectoria que hoxe unicamente pode ofrecer o paso polo escola do SPIF forzando con este proceso así como está, a prescindir de valiosos efectivos. É un tiro no pé para a Consellaría Medio Rural en xeral e en particular para a Dirección Xeral de Montes”, conclúen.
“Este é un traballo moi difícil de alto risco. As previsións meteorolóxicas inmediatas prognostican, un final de xuño e primeira quincena de xullo non son nada boas e veremos para o resto do verán. Inmersos nun angustioso proceso selectivo estes Bombeiros Forestais non poderán estar centrados no combate do lume ao 100%. A inseguridade e a falta de perspectivas de futuro son malas compañeiras para o desenrolo positivo da nosa actividade. Por riba co reforzamento da mudanza climática cara temperaturas mais extremas e o estado dos nosos montes a carón de núcleos habitados, eleva potencialmente o risco de grandes e perigosos incendios forestais empeoran o panorama”.
Critican tamén a “esperpéntica proposta dunha proba física facéndoapuntuábeléinadmisíbelparauntraballadordoSPIF(ecalquera), cunhamediade50anos. Poucos atletas olímpicos serian quen de camiñar (estilo marcha)sen correr, con 11 kg na costas en menos de 18 min. 3200 metros. Isto traerá coma consecuencia moitas penalizacións e a expulsión do proceso. Ate o de agora era o lóxico: 3200 metros con 11kg nas espaldas en menos de 30 minutos, apto ou non apto”.
A modo de conclusión: “por dignidade e xustiza esiximos unha fonda revisión deste proceso, adiar os prazos razoablemente, estabelecer garantías de continuidade, xerar confianza, seguridade e motivar aos traballadores e todo para beneficio e ben do servizo público da sociedade galega”.

