Baixan en 13 os positivos por coronavirus ao rexistrarse 161 contaxios novos

A veciñanza da Coruña pasea protexida con máscaras e luvas. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
As cifras que manexa a Consellaría de Sanidade falan de 4.230 doentes e un falecemento nas últimas 24 horas. Baixaron as e os pacientes da área sanitaria da Coruña e Cee, así como nas zonas de Lugo e Compostela.

Nas últimas 24 horas só se tiñan producido 161 novos contaxios por coronavirus na Galiza e podería ter unha lectura minimamente positiva, se ben o ocorrido esta mañá na residencia de Outeiro de Rei da ao traste coas estatísticas da Consellaría de Sanidade.

No entanto, entre o domingo e esta segunda feira (á tarde, que é cando se fai reconto) se baixou da barreira dos 200 contaxios. Os casos activos caeron en 13 quedando en 4.230.

Fontes da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta indicaron diferenzas segundo as áreas sanitarias. Quer na da Coruña e Cee, que sigue á cabeza en número de pacientes (1.413 pero 11 menos que un día antes), quer na de Lugo (801 positivos, 15 por debaixo de onte), rexistráronse baixadas.

O mesmo sucedeu en Compostela, onde hai 662 persoas enfermas após unha reducción da afección de 26 doentes.

Por contra, o virus seguiu avanzando en Pontevedra, donde hai 371 afectadas (28 a maiores) e en Ferrol, onde se contabilizaron 170 infectados (11 máis). En Ourense o incremento foi de 8 pacientes, até os 467, e en Vigo de dous, chegando aos 346 casos.

Atendendo ao último parte superaron a Covid-19 un total de 13.965 persoas, que son 173 máis que as que constaban un día antes.

Os falecementos rexistrados na Galiza xa son 663, un máis tras notificarse onte mesmo a morte dunha muller de 80 anos con patoloxías previas que vivía na residencia Orpea Coruña, en Culleredo.