Rexístranse catro novos casos de coronavirus nas residencias e xa ascenden a 230

Nas últimas 24 horas contabilizáronse catro novos casos, segundo a Consellaría de Política Social. Dous deles foron en centros que xa estaban afectados polos gromos, mais outros dous rexistráronse nas residencias DomusVi de Ferrol e de Laraxe (Cabanas), onde non se tiñan comunicado contaxios até o de agora.
a milagrosa, lugo, residencia maiores
photo_camera O cadro de persoal do centro da Milagrosa foi sometido a un cribado (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios