A Audiencia reduce de 2 anos a 6 meses a condena aos rapeiros de ‘La Insurgencia’, que evitan entrar en prisión

A Fiscalía pedira recentemente que se lles enviase a prisión.

A Sala de Apelación da Audiencia Nacional rebaixou de 2 anos e 1 día de prisión a seis meses a condea a cada un dos 12 rapeiros do colectivo ‘La Insurgencia’, boa parte deles galegos. A sala rebaixa pois a concea imposta pola Sala do Penal da Audiencia Nacional por considerar que eses músicos cometerán un delito de enaltecemento do terrorismo.

 

A sala considera que os acusados ensalzaron grupos como os Grapo e PCE (R) nas letras das súas cancións, difundidas nas redes sociais, mais ten en conta que os Grapo están inactivos. Considera tamén que esas letras non encaixan na liberdade de expresión senón no delito de odio. Porén, reduce a pena a 6 meses, evitando que estes 1º2 rapeiros teñan que entrar en prisión.

 

Estes doce rapeiros, de entre 21 e 36 anos de idade e a maioría deles galegos, membros do colectivo ‘La Insurgencia’, foron condenados a finais de 2017 pola Audiencia Nacional a 2 anos e 1 día de prisión por un delito de enaltecemento do terrorismo. Os músicos presentaran recurso e estaban á espera de que a sala de apelacións da Audiencia Nacional modificase ou confirmase esa pena.

 

A Fiscalía pediu que este recurso dos rapeiros fose desestimado e que a sala de apelacións confirme a condena que, de ser firme, implicaría a entrada obrigatoria en prisión dos doce rapeiros. Porén, a decisión da sala foi reducir a condena.