A Fiscalía pide que se envíe a prisión os 12 rapeiros de ‘La Insurgencia’, a maioría deles galegos

insurgencia

Condenados a 2 anos e 1 día de cárcere cada un deles por enaltecemento do terrorismo, están á espera de coñecer se a Audiencia Nacional modifica ou confirma a pena.

Doce rapeiros, de entre 21 e 36 anos de idade e a maioría deles galegos, membros do colectivo ‘La Insurgencia’, foron condenados a finais de 2017 pola Audiencia Nacional a 2 anos e 1 día de prisión por un delito de enaltecemento do terrorismo. Os músicos presentaron recurso e están á espera de que a sala de apelacións da Audiencia Nacional modifica ou confirma esa pena.

 

A Fiscalía, segundo avanzou a Cadena Ser, pediu que este recurso dos rapeiros sexa desestimado e que a sala de apelacións confirme a condena que, de ser firme, implicaría a entrada obrigatoria en prisión dos doce rapeiros.

 

A Audiencia Nacional condenounos após examinar letras, rimas e vídeos deste colectivo musical. Naquela altura, desde La Insurgencia denunciábase que o seu era un novo caso de “represión contra artistas” e que amosaba que no estado español podíase acabar na cárcere “por facer cancións denunciando as inxustizas que se cometen neste país”.