A Audiencia de Navarra deixa en liberdade baixo fianza La Manada

Protesta en Compostela contra a sentenza da Manada. Foto: cedida.

Baixo unha fianza de 6.000 poderán saír en liberdade provisional os cinco integrantes de La Manada, condenados a nove anos de prisión por abuso sexual con prevalemento. Así o decretou a Audiencia Provincial de Navarra cun voto particular dun dos tres maxistrados.
 

Os acusados poderán saír do cárcere en tanto non haxa sentencia firme. O vindeiro 7 de xullo faría dos anos -o prazo máximo para a prisión provisional, aínda que podería ser ampliada ate a metade da condena- que ingresaron nela, despois de abusar dunha muller durante as festas de San Fermín en Iruña.

 

La Manada foi absolta do delito de agresión sexual, o que provocou unha xigantesca vaga de protestas por todo o Estado español.