Atopan o cadáver dun home na praia dos Castros de Ribadeo

Praia dos Castros, en Ribadeo. (Foto: Google)
Segundo a información recibida pola central de emerxencias do 112, trátase dun cidadán francés.

Un home foi atopado falecido na mañá desta quinta feira nas rochas da praia dos Castros, na Devesa, no municipio de Ribadeo (A Mariña). O 112-Galiza informa de que unhas persoas que se atopaban pola zona localizaron o corpo do home caído sobre as rochas da praia e deron o aviso contra as 12.20 horas. Aseguraban que estaba nun lugar de fácil acceso, xustamente á beira das escaleiras de baixada ao areal.

Segundo a información recibida pola central de emerxencias, trátase dun cidadán francés. Nestes momentos, as forzas da orde traballan para esclarecer as causas do suceso. O 112 puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, da Garda Civil e da Policía Local. Así mesmo, informaron o persoal de Salvamento Marítimo e a Gardacostas da Galiza.