Atopan o corpo sen vida dunha muller en Neda

Ponte das Pías

O achado tivo lugar entre o Puntal de Neda e a ponte das Pías.

Localizado o corpo sen vida dunha muller no mar.

O achado tivo lugar entre o Puntal de Neda e a ponte das Pías, no municipio ferrolán de Neda.

Segundo informou o 112, o aviso recibiuno ao fío das 10.20 horas deste sábado, e o corpo foi recuperado mediante o uso de motos acuáticas polos efectivos de Bombeiros de Ferrol.

Ademais, no operativo participaron Salvamento Marítimo, os voluntarios de Protección Civil da localidade e a Garda Civil.

Segundo fontes de este último corpo, agora mesmo están investigando o suceso.