Atopan un cadáver momificado e colgado do pescozo nunha casa abandonada de Tui

Vista da localidade de Tui (Foto: kino1493 / Adobe Stock).
Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, o achado produciuse a última hora deste domingo, e foron unhas crianzas que estaban a xogar os que deron a alerta ao descubrir un corpo colgando no interior dunha casa abandonada.

A Garda Civil investiga a aparición dun cadáver momificado, que foi atopado, colgado dun cable, nunha vivenda abandonada no municipio de Tui (comarca do Baixo Miño).

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, o achado produciuse a última hora deste domingo, e foron unhas crianzas que estaban a xogar os que deron a alerta ao descubrir un corpo colgando no interior dunha casa abandonada.

O corpo, que pertence a un home sen identificar, atopábase momificado, e os investigadores estiman que a persoa levaba falecida varios meses.

Non se descarta ningunha hipótese

Polo momento, e aínda que o cadáver estaba colgado polo pescozo, non se descarta ningunha hipótese acerca das causas da morte, e será a autopsia a que axude a determinar se se produciu en circunstancias delituosas.

Polo momento, non se puido identificar a persoa falecida e, segundo apuntaron desde a Garda Civil, non constan denuncias de desaparecidos, nin por esa zona nin en Portugal, que se puidesen corresponder co finado.