Así reaccionou a prensa internacional ao acordo que torna o galego, catalán e euskera oficiais na UE

Plenario da cimeira entre a Unión Europea e a Celac, en Bruxelas, Bélxica. (Foto: Dario Pignatelli / European Council)
Eis unha pequena escolma de titulares e noticias de medios de comunicación de diferentes Estados sobre a posibilidade de uso das linguas oficiais nas institucións europeas.
  1. Politico (EUA)
  2. Deutsche Welle (Alemaña)
  3. L'Echo (Béxica)
  4. Libération (Francia)
  5. Reuters (Reino Unido)

A ex presidenta das Illes Balears, Francina Armengol, do PSOE, foi elixida a quinta feira presidenta do Congreso español na primeira votación, alcanzando a maioría absoluta grazas ao apoio das forzas nacionalistas no hemiciclo, que se incorporaron aos escanos de Sumar, co que o PSOE aspira a compartir un Goberno de coalición. Ademais, a Mesa do Congreso ficou con maioría de formacións progresistas.

Ademais deste punto, o PSOE acabou por "ceder" no resto de aspectos defendidos polos partidos nacionalistas cataláns, e en dous acordos con múltiples similitudes asinou que, a partir do vindeiro pleno, sexa levantado o veto ao galego, catalán e euskera no Congreso, algo que o entendemento con ERC estendeu ao Senado, onde se permitía de forma limitada.

Mais o uso das linguas oficias esténdese tamén á Unión Europea (UE), tras o acordo que fecharon partidos soberanistas co Goberno español.

A prensa internacional reaccionou a esta noticia. Eis unha escolma:

Politico (EUA)

 “A promesa políglota de Sánchez: levar as outras linguas do Estado español a Bruxelas”.

Deutsche Welle (Alemaña)

“Os socialistas españois gañan o papel de altofalante coa axuda dos partidos independentistas”.

L'Echo (Béxica)

“Carles Puigdemont, o catalán que ten as chaves do futuro de España”.

Libération (Francia)

“A sorte de Sánchez, nas mans dos nacionalismos”

Reuters (Reino Unido)

“As concesións de Sánchez fan oficiais as linguas do Estado español na UE”.