Asasinada pola violencia machista unha muller en Madrid

Trátase do segundo feminicidio en 24 horas no Estado español. 

 

Aconteceu de madrugada. A Garda Civil detivo o presunto asasino após a súa propia chamada asegurando que a muller, de 41 anos, se suicidara mais á chegada do instituto armado verificaron que as coiteladas no tórax non se correspondían con autolesións. 

A investigación continúa aberta mais o home foi detido acusado dun suposto delito de homicidio. 

Trátase da segunda muller asasinada pola violencia machista en menos de 24 horas, no Estado español, logo de que na xornada de onte un home asasinara en Dénia (Alacant) a que fora a súa compañeira. Na última semana a cifra ascende a 3 após o asasinato de Isabel Fuentes en Ourense. 

No que vai de ano suman 13 os feminicidios.