Asasinato machista en Dénia

O home contaba cunha orde de afastamento. 

 

Esta quinta feira (14 de maio) máis unha muller foi asasinada pola violencia machista. Foi en Dénia (Alacant). Segundo o Ministerio de Sanidade e Igualdade suman xa 12 mulleres asasinadas, entre as que se atopa tamén María Isabel Fuentes, asasinada no hospital público de Ourense (CHUOU) o 8 de maio. 

A imprensa dá conta dunha orde de afastamento aprobada contra o presunto asasino que tería degolado a muller, da que se descoñece até o de agora identidade. Posteriormente auto-lesionouse co mesmo coitelo e chamou ao 091 para dar conta do asasinato machista. 

Segundo a Cadena SER a muller e o seu presunto asasino convivían malia a orde de protección.