As icónicas latas de Bonilla a la Vista convertidas en accesorios da man de Elena Ferro

Un dos deseños de Elena Ferro con Bonilla a la vista (Foto: Bonilla a la vista).
Bonilla a la Vista, nacida en Ferrol no ano 1932 ás ordes de Salvador Bonilla, pai do actual responsábel, César Bonilla, leva case 90 anos dedicada á produción de churros con chocolate -conta con 6 locais propios na Coruña- e patacas fritidas, o seu produto estrela, que logrou posicionarse como líder no mercado.

“Comezou sendo un recipiente óptimo, pero terminou por converterse en todo un símbolo”. A icónica lata de Bonilla a la Vista conseguiu coarse como artista convidada en películas, videoclips de moda, e decora as cociñas e salóns de centos de casas.

A súa categoría alcanza este decembro unha nova meta, a de peza de artesanía e moda, da man da deseñadora Elena Ferro. A artesá galega, premio nacional de artesanía 2019, cuxa reinvención dos tradicionais zocos a levou a triunfar por todo o mundo, elixiu esta peza metálica como base de tres novos deseños, que poderán adquirirse nos puntos de venda habituais de ambas as marcas.

A lata grande de 500 gramos convértese así, en mans da deseñadora, nun tallo con almacenaxe, mentres que as súas irmás pequenas -de 275 e 50 gramos- transfórmanse en orixinais bolsos. O metal orixinal da lata combínase con madeira e coiro azul con remaches para conseguir dar unha nova vida ás latas, transformadas en obxecto decorativo e de moda.

Polo mundo adiante

Bonilla a la Vista, nacida en Ferrol no ano 1932 ás ordes de Salvador Bonilla, pai do actual responsábel, César Bonilla, leva case 90 anos dedicada á produción de churros con chocolate -conta con 6 locais propios na Coruña- e patacas fritidas, o seu produto estrela, que logrou posicionarse como líder no mercado.

Na actualidade, as patacas fritidas Bonilla a la Vista véndense nun total de 23 países, conta con cinco locais propios na Coruña e máis de 100 traballadores.

A súa fábrica, situada no Polígono de Sabón, en Arteixo, produce ao redor das 400 toneladas de patacas fritidas ao ano. 15% da produción expórtase ao estranxeiro (10% vai ao mercado asiático, principal zona de exportación).