Arquivado o expediente que a dirección da CRTVG abriu contra a xornalista Tati Moyano

A Dirección de Recursos Humanos da CRTVG abrira o expediente o pasado xullo en base a unha estraña e inaudita acusación contra Moyano: maquillarse cos medios da televisión pública para presentar unha gala benéfica contra o canco. Nese acto, ao que asistía o presidente da Xunta, a presentadora defendeu “a pluralidade dos medios públicos de Galiza”.

 

A inicios do pasado mes de agosto coñecíase que a dirección da CRTVG abrira un expediente sancionador por “falta moi grave” a unha presentadora da compañía, Tati Moyano. Ese expediente vén de ser arquivado, segundo a propia xornalista notificou na súa conta de twitter: “Para min, a mellor noticia do día: a vitoria colectiva e social que vén demostrar que non todo vale. Grazas unha vez máis polo voso alento e apoio, sen eles sería moito máis difícil. Agora si. SEGUIMOS!”.

 

 

A Dirección de Recursos Humanos da CRTVG abrira o expediente o pasado xullo en base a unha estraña e inaudita acusación contra Moyano: maquillarse cos medios da televisión pública para presentar unha gala benéfica contra o canco. Nese acto, ao que asistía o presidente da Xunta, a presentadora defendeu “a pluralidade dos medios públicos de Galiza”

 

Máis de medio milleiro de sinaturas de traballadoras e traballadores da CRTVG reclamaron á dirección do ente público en setembro o “inmediato arquivo” do expediente disciplinario aberto contra a presentadora Tati Moyano. “Cómpre proceder á súa rehabilitación pública e profesional”, afirma o comité intercentros nun comunicado.