"E aquí, podemos saír?" Máis de 3.700 parroquias teñen menos de 5.000 habitantes

Betanzos, un dos núcleos de máis de 5.000 habitantes

A partir de hoxe nos núcleos de poboación separados de menos de 5.000 habitantes poderase saír sen restrición de franxas horarias. É a Xunta quen ten que determinar que considera un núcleo mais na Galiza hai máis de 3.700 parroquias con menos de cinco mil veciñas.

Os núcleos de poboación separados que teñan menos de 5.000 habitantes tamén poderán saír sen restricións horarias a partir de hoxe  mesmo e aínda que pertenzan ao mesmo concello, segundo anunciou o presidente da Xunta esta quinta feira. 

O Goberno español autoriza así que nestes núcleos separados que non chegan ás 5.000 veciñas e veciños se funcione como nos concellos de menos de 5.000 habitantes, onde xa non entraron en vigor as franxas horarias decretadas polo Ministerio de Sanidade.  Unha medida que permitiría que máis da metade das galegas e galegos non teñan franxas horarias:

A pregunta que se fan miles de galegas e galegos é se habitan nun lugar que entra deses parámetros. En principio, e en virtude do novo espírito de 'cogobernabilidade', é a Xunta quen ten que determinar que é un núcleo de menos de 5.000 habitantes (se aposta pola parroquia ou ben outro criterio) e cales son.

Mais no Instituto galego de estatística (IGE) hai un listado de núcleos que están por baixo de 5.000 habitantes (máis de 3.700 parroquias) e dos que superan esa poboación.

Así, na Galiza hai 46 núcleos de máis de 5.000 habitantes, que están en 44 dos 314 concellos da Galiza. En principio, estes serían os excluídos da decisión.

A CRTVG fixo unha listaxe de cal son eses núcleos que superan as 5.000 veciñas e veciños: