Angrois: Audiencia ratifica o peche da instrución co maquinista e o cargo de Adif como investigados

Accidente de Angrois
Os maxistrados rexeitan os recursos presentados por varias partes.

A Audiencia Provincial da Coruña ratificou o peche da instrución sobre o accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013 e mantén os dous investigados: o maquinista e o  ex xefe de seguridade na circulación de  Adif.

Deste modo pronúncianse os maxistrados, que rexeitan os recursos presentados por varias partes contra o auto do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago que puxo fin á investigación.

Así as cousas, previsibelmente o xuízo oral abrirase contra estas dúas persoas: o maquinista do tren, que aquel día circulaba cun exceso de velocidade tras atender unha chamada do interventor; e o  ex director de seguridade na circulación de  Adif, ao que o instrutor atribúe a responsabilidade dunha avaliación de riscos deficiente na liña.

En setembro pasado, o xulgado de instrución número 3 de Santiago fechaba a investigación do accidente do tren Alvia no que faleceron 81 persoas. Tamén entón, só dous imputados: o maquinista e o director de seguridade na circulación de Adif.