O alumnado poderá cursar Bacharelato en 3 cursos e chegar a Selectividade cunha materia suspensa

Estudantes de Bacharelato do IES Vilar Ponte de Viveiro durante as probas da ABAU (Foto: Carlos Castro / Europa Press).

As modalidades amplíanse a cinco, fronte ás tres actuais, e créanse novas materias. Son algunhas das propostas contempladas no borrador que o Ministerio remite ás comunidades

O borrador do decreto co que o Ministerio de Educación ordena e fixa os contidos do novo Bacharelato contempla a posibilidade de que esta etapa se poida cursar en 3 anos e que se poida chegar a Selectividade (ABAU) cun suspenso.

A Cadea SER tivo acceso ao borrador. A norma especifica en que condicións, de maneira excepcional, poderase obter o título cun suspenso.

A titulación serán unha decisión dos profesores, pero o alumno deberá cumprir varios requisitos para beneficiarse desa excepción e poder ter o título e ir a selectividade cun suspenso.

O borrador que deu a coñecer a Ser establece catro puntos: que o equipo docente considere que o alumno alcanzou os obxectivos e competencias vinculados a ese título; que non se produciu inasistencia continuada e non xustificada; que o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación e que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.

En canto á promoción, pasar dun curso a outro, fíxase un máximo de dous suspensos :" En todo caso, - os alumnos -  deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros educativos deberán organizar as consecuentes actividades de recuperación e a avaliación das materias pendentes", sinálase no texto.

O decreto tamén establece que se poderá cursar o bacharelato en tres anos, en lugar de dous, repartindo as materias nese tempo en determinadas circunstancias

O decreto tamén establece que se poderá cursar o bacharelato en tres anos, en lugar de dous, repartindo as materias nese tempo en determinadas circunstancias: “que cursen a etapa de maneira simultánea aos ensinos profesionais de música; que acrediten a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento; que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar algunha necesidade específica de apoio educativo e que aleguen outras circunstancias que, a xuízo da correspondente Administración educativa, xustifiquen a aplicación desta medida".

Ademais, entre os principios xerais o ministerio incluíu que as "Administracións públicas promoverán un incremento progresivo da oferta de prazas públicas en Bacharelato nas súas distintas modalidades e vías".