Dous de cada tres alumnos superan as probas extraordinarias da ABAU na Galiza
Dous de cada tres alumnos galegos que se presentaron ás probas extraordinarias de selectividade este ano aprobaron, segundo os datos feitos públicos esta cuarta feira pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). En concreto, dos 2.758 matriculados á fase extraordinaria das probas de avaliación de Bacharelato para acceso á universidade (ABAU), presentáronse finalmente 95,14%, isto é 2.624 alumnos -1.942 á parte obrigatoria- Deles, 1.283 alumnos resultaron aptos, é dicir, 66,07% dos presentados.
Arrinca a ABAU extraordinaria na Galiza e fechan a admisión estas 71 carreiras da UDC e a USC
Máis de 2.700 alumnas e alumnos prepáranse para a proba extraordinaria da ABAU desta semana
Aprobado case 95% do alumnado galego na ABAU: estas son as notas de corte e prazos de matrícula
As universidades públicas galegas ofertarán máis de 17.000 prazas de grao e mestrado
Un erro nunha pregunta da ABAU “flexibilizará” a corrección do exame de Historia de España
O primeiro día de selectividade decorreu "con normalidade" salvo pequenas incidencias, como alumnos ‘cachados’ copiando en Ourense e Santiago.
Dos nervios iniciais ao alivio tras o primeiro exame: así afronta o alumnado galego a selectividade
12.788 estudantes comezan esta terza feira a ABAU
Cantos e cantas estudantes se presentan ás probas? Como é o protocolo dos exames? Cantos traballadores e traballadoras participarán no proceso? Cal é o calendario dos exames? Nós Diario debulla toda a información da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade que comeza esta terza feira.
O Goberno do Estado español paraliza a reforma da Selectividade
Após a convocatoria das eleccións estatais do 23 de xullo, o Ministerio de Educación español freou a aprobación do borrador do Real Decreto que regularía a nova Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), cuxa aplicación comezaría en xuño de 2024.