Advirten de riscos para o persoal de limpeza escolar pola falta de reforzos

A sección de Administración da CIG alerta de que as escolas de Infantil, Primaria, institutos de ESO, Bacharelato, educación especial, escolas de idiomas, conservatorios e Formación Profesional da Xunta abrirán en setembro as súas portas "sen a seguridade suficiente fronte á Covid-19 ao non poder garantirse a hixiene, desinfección e limpeza axeitada das súas instalacións" pola falta de reforzo dos equipos de limpeza.
IES Luís Seoane de Monte Porreiro, Pontevedra (Foto: Nós Diario).
photo_camera Imaxe de arquivo dun centro de ensino de Pontevedra.
Comentarios