Adrián Casanova é biólogo

Adrián Casanova: "A falta de financiamento acaba por afectar o tamaño e calidade das investigacións"

O biólogo monfortino Adrián Casanova Chiclana vén de desenvolver unha tese de doutoramento en Veterinaria do Campus de Lugo da USC na que se emprega por primeira vez unha aproximación xenómica en poboacións de troita común para “avaliar o grao de diversidade xenética, a estrutura poboacional ou os patróns de hibridación natural e introgresión derivada de soltas de piscifactorías” destes salmónidos. Estivo dirixido polos profesores da área de Xenética da USC Manel Vera e Paulino Martínez.
Adrián Casanova, no centro, cos directores da súa tese, Paulino Martínez (esquerda) e Manel Vera (dereita). (Foto: USC) #usc #bioloxía #investigación
photo_camera Adrián Casanova, no centro, cos directores da súa tese, Paulino Martínez (esquerda) e Manel Vera (dereita). (Foto: USC) #usc #bioloxía #investigación
Comentarios