100% de opositores considera que as probas da oposición "precisan reformas" segundo un estudo

Exames de oposición (Foto: Europa Press).
A época de estudo xera un desgaste psicosocial a 32,25% dos opositores, segundo presenta 'O estudo cualitativo sobre o estrés académico nos opositores ao corpo de mestres'.

O proceso de preparación para as oposicións xera un alto nivel de estrés entre os estudantes.

En concreto, a época de estudo xera un desgaste psicosocial a 32,25% dos opositores, segundo presenta O estudo cualitativo sobre o estrés académico nos opositores ao corpo de mestres. En consecuencia, a dificultade para estudar é maior, polo que aumenta o estrés notabelmente.

Neste sentido, o estudo do “estrés causado polo sistema de oposición no docente de primaria” sinala que 100% dos opositores considera que as proba nas oposicións “necesitan reformas”, porque actualmente non avalía correctamente as capacidades e habilidades dos opositores.

Consellos

Ademais, súmase máis dificultade cando se tenta compaxinar outras actividades mentres se oposita. Durante esta etapa, é recomendábel atopar tempo e espazos para realizar outras actividades como facer exercicio físico.

O deporte axuda a que a mente desconecte da actividade que se realizou durante o día. Tamén se poden engadir técnicas como estiramentos, escoitar atentamente o que sucede ao teu ao redor, e comprobar o estado do teu corpo e mente durante o día.

O tempo de estudo depende de cada opositor e do tipo de oposición. A pesar diso, en todos os casos é un longo período de tempo no cal o estudante pasa constantemente tempo só.

Adrián Rey, Coordinador editorial da academia Flou, indica que “o tempo medio de preparación dunha oposición é de 18 a 24 meses”. Ao mesmo tempo, Eva Soto, do Centro de Formación CEAC destaca que “este período provoca un gran desgaste no estudante tanto físico como psicolóxico e é necesario que o opositor se sinta acompañado”.

Síntomas de depresión

O estrés pola época de exames non só afecta aos opositores, senón tamén aos adolescentes. Un estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) revelou que 15% de adolescentes presenta síntomas graves ou moderadamente graves de depresión.

No caso da idade, os síntomas de depresión increméntanse entre as de maior idade (18,7% no rango de 16-18 anos fronte ao 12,6% no de 11-13 anos).