O preocupante impacto do desastre climático na Galiza
O país que xa non sangra auga
27 de agosto de 2021 (12:41 h.)
Rosalía de Castro falaba dun país onde, ao pisar, abrollaba a auga por debaixo das botas do camiñante. A Galiza foi narrada como terra húmida, e sobre ela sobrevoou o alcume de que aquí sempre chovía. Ás veces, con razón. Co recente informe do IPCC (Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, polas súas síglas en inglés) das Nacións Unidas na man, a nosa realidade tópica pode ser, está a ser agora mesmo, unha afastada Arcadia, cada vez máis distante, por mor da crise climática que leva décadas asolando o globo. A Galiza do futuro, lonxe de amosar un cambio de tendencia, comeza a dar pistas do que nos pode agardar de non tomar outra dirección: terra cada vez máis seca, praias desaparecidas pola suba do mar, altas temperaturas e a morte de animais propios e flora autóctona.
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.