Xuntos e o PSdeG xa gobernan O Irixo após a primeira moción de censura tras o 28-M

Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo, asume a Alcaldía até 2026. Sucederaa ano cargo o socialista Iago Fariñas Valiña outro ano máis.

Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo, no centro, asume a Alcaldía té 2026. (Foto: PSdeG Ourense).
photo_camera Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo, no centro, asume a Alcaldía até 2026. (Foto: Nós Diario).

[En ampliación]

O pleno municipal do Irixo, comarca do Carballiño, aprobou no mediodía desta terza feira a moción de censura ao Goberno local do PP após o acordo alcanzado polo PSdeG-PSOE e a coalición independente Xuntos polo Irixo.

O pacto alcanzado o pasado 11 de agosto por estas dúas formacións permitiu arrebatar a Alcaldía a Manuel Cerdeira, que gobernaba en minoría desde o pasado 28-M.

A concelleira e portavoz de Xuntos, Susana Iglesias, pasa a ser a nova rexedora do municipio. É a primeira alcaldesa do Concello, e ocupará este cargo até maio de 2026.

O candidato e portavoz socialista, Iago Fariñas Valiña, asumirá a posto durante o último ano.

Tanto Iglesias como Fariñas xustificaron esta moción pola "nefasta xestión" do alcalde popular e do seu grupo de goberno nos últimos anos á fronte do consistorio.

Comentarios