A Xunta Electoral ordena ao Goberno galego retirar unha campaña polo seu parecido co lema electoral do PP

A decisión prodúcese após una denuncia do BNG.

Valado no exterior e capturas da web da Xunta coa campaña institucional denunciada e, abaixo á dereita, cartel electoral do PP (Nós Diario).
photo_camera Valado no exterior e capturas da web da Xunta coa campaña institucional denunciada e, abaixo á dereita, cartel electoral do PP (Nós Diario).

A Xunta Electoral ordenou a retirada dunha campaña de publicidade da Xunta pola súa semellanza co lema de precampaña de Núñez Feiixoo e o PPdeG e que fora denunciada polo BNG. É una información de Eldiario.es.

O presentara sendas denuncias ante a Xunta Electoral contra o Goberno da Xunta e contra o actual presidente, Núñez Feixoo, por utilizar a web institucional “para facer propaganda en beneficio do PP”.

A formación nacionalista advirtía que “non só se está a utilizar a canle oficial para pregoar supostos logros do PP senón que mesmo se usa a páxina web do Executivo galego para difundir unha campaña institucional que copia o lema electoral ‘Galicia é moito’ co que se está promocionando ao candidato Feixóo.”

Así, o órgano que vela polo cumprimento da lei electoral estima parcialmente a denuncia do BNG e pide á Xunta que cese na campaña ‘O rural é moito’.

Comentarios