Unha xuíza ordena o secuestro de 'Fariña', crónica do narco en Galiza

Dez edicións despois e coa versión en galego a piques de ser publicada, unha xuíza de Collado Villalba (Madrid) vén de ordenar o secuestro de Fariña (2015), a crónica sobre o narcotráfico en Galiza escrita polo xornalista Nacho Carretero (A Coruña, 1981).
 

érguete Arousa
photo_camera Protesta de nais contra a droga. Foto: Diario de Arousa.

fariña - foto de jacobo olmedo cedida por bambú producciones e atresmedia

A maxistrada Alejandra Pontana adoptou esta medida a raíz dunha denuncia do ex alcalde do Grove -foino en dúas ocasións, en 1983 e 1991- Alfredo Bea Gondar. Carretero lembra no libro os vínculos de Bea Gondar con operacións relacionadas co tráfico de cocaína. En 1991 foi a prisión e en 2005, condenado por delito de branquo de cartos do narcotráfico.

O ex rexedor do Grove pasou pola UCD, Convergencia de Independientes de Galicia, Alianza Popular -partido antecesor do PP- e pola Agrupación Vecinal Independiente. En xaneiro deste ano denunciou a Nacho Carrtero e a editorial de Fariña, Libros del KO, por presunta vulneración do dereito ao honor.

A xuíza de Collado Villalba aceptou a demanda e tomou a medida cautelar de secuestrar a obra e prohibir a impresión e comercialización de novos exemplares. Sobre a teleserie, tamén a piques de estrearse -como a versión galega do libro en Xerais-, a maxistrada non adopta ningunha medida.  

Nota: cuberta da edición galega de Fariña.

Comentarios