18-F

Xácome “aterra” no Entroido de Ourense: "Pedir o voto aquí sería o último que faría, pero iso non quere dicir que non o faga"

O rexedor subiu ao escenario da Orquestra Os Satélites disfrazado de astronauta
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, esta sexta feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, esta sexta feira. (Foto: Nós Diario)

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, deu esta sexta feira o disparo de saída ao Entroido'da cidade das Burgas subido ao palco da Orquestra Os Satélites, disfrazado de astronauta e acompañado de dous robots.

Alí, sobre o escenario da orquestra, o líder de Democracia Ourensá iniciou a súa intervención (que subiu ás súas redes sociais baixo o título 'Aterraxe do alcalde Xácome. Planeta Entroido Ourense’) sinalando que acababan de "aterrar" no Entroido ourensán, onde estarán "durante catro ou cinco días, até a cuarta feira de cinza". "E despois son as eleccións", proclamou.

A continuación, no ecuador da campaña das eleccións galegas que terán lugar o 18 de febreiro, o rexedor ourensán ironizou: "O último que eu faría nun pregón sería pedir o voto para nós. Sería o último que faría, pero o feito de que fose o último que faría, non quere dicir que non o faga".

"É brincadeira, é brincadeira", escusou Xácome antes de concluír que este será "o mellor Entroido de sempre".

 

Comentarios