venres 07/08/20

Vox volve fracasar na Galiza e abeira a irrelevancia

A ultra dereita fracasa no seu intento de atinxir representación no Parlamento galego. Logra un escano no de Euskadi, con apenas 1,9% dos votos. 

O presidente de Vox, Santiago Abascal e o candidato pola Coruña, Ricardo Morado (Álvaro Ballesteros/EP).
O presidente de Vox, Santiago Abascal e o candidato pola Coruña, Ricardo Morado (Álvaro Ballesteros/EP).

Vox apostou forte na campaña das eleccións galegas e vascas, cunha presenza constante dos primeiros espadas da formación ultra dereitista na Galiza e Euskal Herria. Santiago Abascal, Ortega Smith, Espinosa de los Monteros ou Rocío Monasteiro percorreron diferentes cidades e vilas galegas e vascas, cunha mensaxe de unionismo español e cunha xenerosa presenza nos medios maioritarios embora ser un partido sen concelleiros nin representación nin na Galiza nin en País vasco.

Unha aposta forte que resultou en fracaso:  cero deputados no Parlamento galego. Apenas 2% dos votos: 27.000 papeletas na Galiza para a extrema dereita. Vox volve pinchar na Galiza, onde continúa sen atinxir representación. Oseu mellor resultado logrouno pola circunscrición da Coruña (2,09%) e a peor por Pontevedra (1,9%). 

Si que logrou deputado en Euskadi, con apenas 17.000 votos e 1.9% dos apoios nas urnas. Atinxe representante por Araba e recollendo voto do esfarelamento de PP e Cs, que perderon metade dos seus apoios nas urnas.

Vox volve bater na Galiza, Las eleccións estatais de novembro logrou no Estado español un apoio de 15% e 52 escanos. Na Galiza non chegou 8%, en Catalunya obtivo 6,3%, en Nafarroa 5,6% e no País Vasco non pasou de 2,4%

comentarios