Pedro Sánchez asegura contar co apoio de Portugal para a Presidencia da Unión Europea

António Costa e Pedro Sánchez esta cuarta feira en Lanzarote (Foto: Alejandro Acuña).
Durante a XXXIV Cimeira Hispano Portuguasa que decorre en Lanzarote, o xefe do Executivo reuniuse co seu homólogo, Antonio Costa e destacou que a vocación atlántica de ambos os países serve de "ponte" con América Latina.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, afirmou esta cuarta feira que o Estado español conta co apoio de Portugal para a Presidencia do Consello da Unión Europea (UE), durante o segundo semestre deste ano.

Durante a XXXIV Cimeira Hispano Portuguasa que decorre en Lanzarote, o xefe do Executivo reuniuse co seu homólogo, Antonio Costa e destacou que a vocación atlántica de ambos os países serve de "ponte" con América Latina.

"Contamos coas propostas e o apoio de Portugal para a Presidencia do Consello da UE. A nosa vocación atlántica únenos e sérvenos de ponte entre Europa e outras rexións do mundo, especialmente América Latina", escribiu nunha mensaxe en Twitter o titular do Executivo español.

Durante a reunión bilateral, Sánchez e Costa buscaban constatar a sintonía de ambos os Estados respecto a os temas en discusión dentro da UE. O presidente tamén aproveitou para escoitar as preocupacións do país veciño para a Presidencia española, tal como fixo con outros socios europeos nas xiras preparatorias.

Sánchez xa visitou Austria, Croacia, Eslovenia, Irlanda, Dinamarca e Finlandia para reunirse cos seus líderes e escoitar as súas prioridades para este período.

Relación con América Latina

Segundo sinalou en varias ocasións, un dos puntos importantes para o Estado español é reforzar a relación con América Latina, así como desenvolver o proxecto de autonomía estratéxica do continente para reducir a dependencia en asuntos chave como a enerxía, a alimentación, a saúde e a tecnoloxía.