18-F | Barómetro para Nós Diario

Quen leva o último e decisivo escano? Consulta aquí a loita en cada circunscrición (5 de febreiro)

Estas son as forzas políticas que defenden o último (e decisivo) escano en cada circunscrición, e a distancia á que está o partido político que podería arrebatarllo, segundo o último barómetro elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para 'Nós Diario', correspondente a esta segunda feira, 5 de febreiro.

Distribución de votos e escanos por circunscricións, segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' de hoxe, 5 de febreiro.
photo_camera Distribución de votos e escanos por circunscricións, segundo o barómetro de EM-Analytics para 'Nós Diario' de hoxe, 5 de febreiro.

A repartición de escanos por medio da Lei D'Hondt e a elevada barreira electoral que impuxo no país o popular Manuel Fraga (5%) xogarán un papel decisivo na configuración da 'foto final' do vindeiro 18 de febreiro. Na circunscrición da Coruña están en xogo 25 escanos; na de Pontevedra, 22, e nas de Lugo e Ourense, 14 en cada unha delas. A batalla pola última acta para entrar no Parlamento da Galiza será crucial e determinará o resultado das eleccións.

E quen tería nestes momentos ese último escano e quen podería arrebatarllo? Con base no barómetro electoral elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics para Nós Diario que se publica íntegro esta segunda feira, 5 de febreiro, o Partido Popular sería quen defendería o último escano nas catro circunscrición e, por tanto, tamén quen podería perdelos máis facilmente.

No caso da Coruña e Pontevedra, o PP tería a última acta cunha vantaxe de 0,3 e 0,1 puntos, respectivamente, e Sumar sería a formación que estaría en disposición de arrebatarllos en ambos os casos. Pola contra, en Lugo o PP defendería o escano decisivo do PSdeG, que estaría a 2,4 puntos, mentres o BNG sería quen podería roubalo sumando 1,4 puntos máis.

 

Comentarios