A iniciativa do BNG

O Congreso aproba instar o Goberno español a intervir Alcoa

Insta o Executivo estatal a "adoptar cantas medidas sexan necesarias o máis axiña posíbel, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venda a un investidor privado que garanta un proxecto industrial viábel, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao”.
Fábrica de Alcoa en San Cibrao
photo_camera Imaxe do Congreso (Imaxe: Pool)

A iniciativa presentada polo BNG, a través dunha transaccional con PSOE e PP, foi apoiada pola maioría das forzas da Cámara. Nela ínstase ao goberno “para adoptar cantas medidas sexan necesarias o máis axiña posíbel, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venda a un investidor privado que garanta un proxecto industrial viábel, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao”.

A iniciativa obtivo 32 votos a favor (BNG, Unidas Podemos, PSOE, PP) e 5 en contra (Vox).

"Alcoa só deixa unha vía, a intervención" (Néstor Rego, BNG)

O acordo alcanzado por esta formación con PSOE e PP chama ao Goberno español "a adoptar cantas medidas sexan necesarias o máis axiña posíbel, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venda a un investidor privado que garanta un proxecto industrial viable para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao".

Durante o debate da iniciativa, a deputada socialista Ángeles Marra asegurou que "esta semana é crucial" para o futuro da planta e que o Goberno e a Xunta de traballan "explorando todas as solucións", desde a anulación do ERE exposto pola compañía, declarándoo como "fraudulento", e esixir a devolución de "todas as axudas recibidas" e do cumprimento da lexislación laboral e ambiental.

"Esta semana é crucial" para o futuro da planta (Ángeles Marra, PSOE)

Para  Nestor Rego (BNG), a multinacional "só deixa unha vía, a intervención pública", e a pesar de que a súa formulación é a nacionalización, acepta esta intervención "aínda que sexa temporal, para posteriormente vender a  Liberty ou a calquera empresa cun proxecto industrial estábel". "O importante é procurar unha solución que poña fin á incerteza que se está vivindo", dixo.

O nacionalista espera que a resolución do Congreso sexa tomada en conta polo Goberno español e polo Goberno  galego, "que deben pórse de acordo para actuar da forma máis inmediata posíbel".

Antón Gómez-Reino, de Unidas Podemos, sinalou que "o Estado non pode permitir o peche de empresas de sectores estratéxicos de alto valor engadido".

"O Estado non pode permitir o peche de empresas de sectores estratéxicos" (Gómez Reino, UP)

Anuncio

Alcoa certificaba a pasada sexta feira os peores presaxios e cumpriu con man de ferro as súas ameazas, que pasan polo despedimento de 524 traballadores da factoría de aluminio primario de San Cibrao (Cervo) e a parada progresiva das cubas, unha medida que, como advertiron desde o comité de empresa en varias ocasións, supón sentenciar a fábrica. 

Alcoa afirma que toma esta medida "após analizar todas as opcións posíbeis", mais faino cunha "actitude insensíbel", como denuncian os traballadores, e sen esgotar o prazo de 15 días que marca a lei a respecto da aplicación do despedimento colectivo que puxera sobre a mesa o pasado 29 de setembro, o día despois de que rematara un período de consultas marcado pola súa "mala fe" á hora de negociar unha saída que garantise a continuidade da actividade na planta e do emprego nunhas instalacións vitais para a comarca, para Galiza e para o Estado español. 

Comentarios